Set 29, 2026 | Foz ao día, Novas

O Concello de Foz agradece ao Ministerio de Transportes o reinicio das obras das rotondas de Cangas na estrada Nacional 642.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “foi publicado por primeira vez no BOE en agosto do 2022 o proxecto -de 720,875,65 euros- que contempla a execución de dúas rotondas na N-642: a do cruce Gralleira – Ribela, iniciada en setembro do ano 2024 e pendente duns remates na barreira de seguridade; e a do cruce coa estrada LU-162 a Ferreira e do Centro Cívico,  unha intersección moi perigosa e como moita intensidade de tráfico”.

O rexedor municipal engade: “levamos demasiado tempo agardando por unhas obras e un proxecto que impulsamos desde que chegamos ao goberno municipal e conseguimos facelo realidade. Unha demanda veciñal máis que xustificada. O proxecto non contemplaba a reposición de servizos, o que demorou as obras en demasía”.

Fran Cajoto indica tamén: “desde o Concello seguimos traballando para que a mellora da intersección na Corredoira -xa publicada no BOE- e o terceiro acceso ao núcleo urbano -co proxecto redactado pero sen publicar- tamén sexan unha realidade”.