Xul 2, 2026 | Foz ao día, Novas

Volven As Noites. As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto, os divertidos Wipeout e Lasertag. De 10 anos en adiante está convidados/as a participar das noites máis movidas do verán.

As ubicacións serán A Rapadoira, a pista polideportiva Campo da Cabana e o parque Rosalía de Castro (ao carón da pista), no que se desenvolverá o Lasertag.

 O inicio das actividades será ás 22:00h.

Calendario:

FÚTBOL SALA 3X3: 6/7/8 xullo
LASERTAG: 27/28 xullo
WIPEOUT: 3/4/5 agosto
VOLEI PRAIA: 11/12/13 agosto
FÚTBOL PRAIA: 17/18/19 agosto
BALONCESTO SUB 3X3: 24/25/26 agosto

Que necesitas para inscribirte? Enviar por correo electrónico autorización para participar nas Noites (só necesitas enviala unha vez, non para cada torneo) e inscrición do equipo a asnoites@concellodefoz.es

O prazo para poder remitir será ata o día antes do inicio de cada torneo. Ata as 00:00h do domingo anterior. Nos seguintes enlaces podes acceder ós documentos:

AUTORIZACIÓN MAIORES
AUTORIZACIÓN MENORES
INSCRICIÓN EQUIPO FÚTBOL SALA

Lembrade: tedes ata as 00:00h do domingo 5 de xullo para enviar a autorización e a inscrición do equipo para participar no fútbol sala 3×3 que se celebrará no Campo da Cabana.