A Compañía Mar Océano, da Garda Real, chega a Foz este mércores, día 6 de maio, nos exercicios institucionais que está realizando pola provincia de Lugo. Durante eses tres días realizarán diversas actividades para achegar o seu traballo á cidadanía.
Na Praza Conde de Fontao instalarase unha exposición de material e armamento militar. Estará o mércores en horario de mañá (de 10.30 a 13.30 horas) e o xoves e venres en horario de tarde (de 17.30 a 20.30 horas). O mesmo mércores na mesma situación haberá unha pista de obstáculos infantil, para que podan desfrutar os máis pequenos. Ás 20.00 horas a actividade trasladade ao Paseo de Colón (praia da Rapadoira) para a exhibición de movementos floreados e o arriado de bandeiras.
O xoves 7 de maio a Compañía e todos aqueles que desexen acompañalos realizará unha marcha colaborativa ata a praia das Catedrais. A saída será ás 10.30 horas dende diante do Concello de Foz e a volta realizarase en autobús.
E o venres 8 a Garda Real ofrecerá charlas divulgativas do seu labor a centros escolares de Foz e aberta ao público en xeral ás 19.00 horas no CENIMA (Paseo da Ribeira).


