O Concello de Foz cambia o sentido do tráfico na rúa Manuel Murguía para facilitar a mobilidade á veciñanza.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica: “continuamos traballando para mellorar a mobilidade de Foz. Nesta caso por unha petición das veciñas e veciños, especialmente daqueles que teñen os seus garaxes fronte ao Porto Chico ou que usan esa dársenas para as súas embarcacións, modificamos a rúa Manuel Murguía, cambiamos o sentido do tráfico nesta calle, para que poidan acceder dunha forma moito máis cómoda ao porto pesqueiro de Foz. Ademais isto tamén beneficia ao resto da veciñanza, aos que teñen a súa vivenda na rúa Trapero Pardo, xa que funcionando a mazá como unha rotonda permite máis xiros e facilita esa accesibilidade desde o vehículo privado”.
O rexedor municipal engade: “continuamos traballando para mellorar a mobilidade: estamos ademais delimitando novas prazas de minusválidos e limitando o os estacionamentos en interseccións para mellorar a visibilidade e traballando, en definitiva, para que a mobilidade en Foz, tanto a pé como en vehículos, sexa o máis cómoda posible”.

