Dec 1, 2025 | Foz ao día, Novas

A Aula Universitaria da UNED en Foz presenta dúas actividades especiais para o mes  de decembro: un obradoiro de decoración de galletas de Nadal en inglés e unha  campaña solidaria de recollida de alimentos.

A Aula Universitaria da UNED de Foz organiza este mes de decembro dúas propostas  destinadas a promover a creatividade, a convivencia familiar, o aprendizaxe lúdico e a  solidariedade nestas datas tan sinaladas.

A primeira proposta será un “Obradoiro creativo de Galletas de Nadal en Inglés” e terá lugar  o próximo 23 de decembro, de 11:00 – 13:00 horas nas instalacións da Aula Universitaria  de Foz, dirixido por Leticia Veiga, colaboradora habitual da aula nas actividades de lingua  inglesa. A actividade está dirixida a nenos e nenas en idade escolar, que poderán participar  acompañados das súas familias nunha sesión onde practicarán inglés mentres comparten  unha doce experiencia de inspiración navideña. O obradoiro ten un prezo simbólico de 5  euros por participante e require inscrición previa.

A coordinadora da aula , Marta Muíña, subliña que “este tipo de actividades permiten  aprender de forma divertida, combinando creatividade, familia e práctica do inglés nun  ambiente próximo e motivador. Engade ademais que “é unha oportunidade para abrir a  aula á comunidade e ofrecer propostas accesibles que fomenten o gusto pola aprendizaxe.

Xunto ao obradoiro, a UNED de Foz impulsa tamén a campaña Nadal Solidario, unha  recollida de alimentos destinada a apoiar ás familias que máis o precisan nestas datas. Os  produtos doados serán entregados a entidades sociais do municipio para contribuír ao seu  labor asistencial.

A concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou a importancia desta iniciativa  afirmando que o Nadal é un momento no que debemos lembrar a necesidade de coidar  uns dos outros. Actividades como esta fortalecen o compromiso comunitario e permiten que  todos poidamos poñer o noso grao de area. Martínez Pena agradeceu, así mesmo, a  colaboración cidadá e o impulso da UNED na organización de propostas educativas e  solidarias.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar coa Aula  Universitaria da UNED en Foz a través das súas canles habituais, a consulta da web oficial  da UNED (www.uned.es) ou o contacto a través do correo foz@lugo.uned.es e os teléfonos  982.133.699 ou 604.034.549.