Este venres 5 de decembro, o Concello de Foz pulsa o interruptor do Nadal e da comezo a todas as súas actividades. O primeiro paso será acender a iluminación de nadal instalada. A glorieta de Vilalba, na que está instalado un boneco de neve de máis de 6 metros de altura, será o lugar donde se pulse o interruptor, ás 18.30h e coa música da Banda de Música e a Escola Municipal de Música.
Este é o primeiro acto dos múltiples que se organizan este Nadal en Foz. “Coa iluminación teremos a visita dun novo personaxe moi coñecido por pequenos e maiores, que visitará o Concello e ao que atoparemos por rúas, prazas e edificios municipais.”explica Fran Cajoto, alcalde de Foz.
Esa mesma finde, o día sábado 6 ás 19.00h na Sala Bahía, teremos noite de góspel en Foz con Aba Taano. As entradas poden adquirirse en giglon.com ou na entrada da Sala Bahía a un prezo de 12 euros. Tamén haberá mercadiño de nadal os días 5, 6 e 7 na Praza Conde de Fontao, organizado pola asociación Raíñas da Casa.
“Nos próximos días saiá o cartel completo, pero podemos adiantar que teremos actividades para os nenos, concerto da Banda de Música, festival da Escola de Música, festivais infantís de Nadal do Feitizo e da Subela, teatro, concerto da Coral Polifónica de Foz con Mar Aberto e Eufonía, visita de Papá Noel, virán tamén os Bolechas e o colofón será unha Cabalgata de Reis ilusionante e chea de maxia” explica a concelleira de cultura, Inés López Couto.
“Convídamos a veciñas, veciños e visitantes a desfrutar dun bonito paseo por Foz desfrutando do alumeado destas festas e do noso comercio e hostalería” finaliza o alcalde.


