Volven as Noites. As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto, o divertido Wipeout e como novidade o Lasertag.
De 10 anos en adiante está convidados/as a participar das noites máis movidas do verán.
📍 As ubicacións serán A Rapadoira, a pista polideportiva Campo da Cabana e o parque Rosalía de Castro (ao carón da pista), no que se desenvolverá o Lasertag.
🕙 O inicio das actividades será ás 22:00h.
📆Calendario:
⚽ FÚTBOL SALA 3X3: 7/9/10 xullo
🔫 LASERTAG: 28/29 xullo
🧗♀️ WIPEOUT: 4/6/7 agosto
🏐 VOLEI PRAIA: 11/12/13 agosto
⚽ FÚTBOL PRAIA: 18/20/21 agosto
🏀 BALONCESTO SUB 3X3: 25/27/28 agosto
✍ Que necesitas para inscribirte? Enviar por correo electrónico autorización para participar nas Noites (só necesitas enviala unha vez, non para cada torneo) e inscrición do equipo a asnoites@concellodefoz.es
O prazo para poder remitir será ata o día antes do inicio de cada torneo. Ata as 00:00h do domingo anterior.
Lembrade: tedes ata as 00:00h do domingo 6 de xullo para enviar a autorización e a inscrición do equipo para participar no fútbol sala 3×3.