Sarabela Teatro pon en escea o seu espectáculo Asemblea Xeral.

💬 Os animais sofren a peste e, crendo que é un castigo do ceo, buscan un culpable entre eles para sacrificalo. Con ese fin, acordan unha asemblea xeral onde cada un confesará as súas faltas.

A súa principal fonte é a fábula Os animais  apestados de La  Fontaine e o seu argumento expón, no  símil entre as actitudes dos animais e os humanos;  a confesión pública dos pecados de cada un para librarse dunha epidemia de peste que arrasa o país e que se interpreta coma un castigo divino.

Neste proceso público quedan desenmascarados os hipócritas e aduladores, o poder despótico. Constitúe unha boa crítica da inxustiza que supón a administración da xustiza cando protexe ao poderoso aínda sendo culpable e busca como vítima  propiciatoria ao ser máis indefenso.

 

📆 Domingo 10 marzo

🕛 12:00h

📍 Sala Bahía

🎟 Xeral: 3€ Infantil: 2€

🧒 A partir de 7 anos