Conmemoramos o Día de Rosalía con teatro familiar de monicreques.
Este venres, A viaxe de Rosalía, por Larraitz Urruzola.
💬 Francisca Do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables. Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela, comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega.
📆 Venres 23 febreiro
🕡 18:30h
📍 Casa da Cultura
🎟 De balde
🧒 A partir de 6 anos