Trémola Teatro pon en escea o seu espectáculo Que animaliño é? en dous pases.
💬 Paula está moi contenta porque o seu pai contoulle un conto de animais e regaloulle un xilófono.Para darlleas grazas,vai tocarlle unha canción, pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica comezan a saír os animais que aparecían no libro,e grazas a eles descubrirá moitas cousas.
Unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor . A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons…) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura
📆 Domingo 14 xaneiro
🕦 11:30h
🕧 12:30h
📍 Sala Bahía
🎟 Xeral: 3€ Infantil: 2€
👶 De 6 meses a 4 anos