Trécola Producións chega a Foz coa súa obra Coa música a outra parte, dentro do Circuíto da Deputación Provincial.
💬 Farsa de títeres a catro mans con música en directo.
Catorce personaxes en catro mans e dúas gorxas, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais.
Catro historias entrelazadas forman este enredo de títere tradicional de cachiporra baseado en varias obras de Rafael Dieste: “La fiera risueña”, “Nuevo retablo de las maravillas”, “El falso faquir”…
Ero Vázquez e Raquel López Cendán son os responsables de levar a cabo a acción, coa banda sonora Barbeiro e Pablo Pintor.
📆 Sábado 23 decembro
🕛 12:00h
📍 Sala Bahía
🎟 Entrada gratuíta