Os Náufragos Teatro chegan a Foz coa súa obra Hugo.
💬 Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes.
📆 Domingo 3 decembro
🕛 12:00h
📍 Sala Bahía
🎟 Xeral: 3€ Infantil: 2€
👦 A partir de 4 anos
PREMIO MARÍA CASARES MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL 2022- MELLOR ESPECTÁCULO FETEN 2022-RECOMENDADO POLA REDE VASCA DE TEATROS