Desde o Concello queremos amosar, baixo este lema, a nosa repulsa contra calquera tipo de violencia machista e transmitir á sociedade a importancia de traballar valores de igualdade e respecto polas persoas.
Colabora nesta campaña o equipo feminino de baloncesto Adamo Celtas, do CB Celtas de Foz, un equipo conformado por algo máis dunha decena de mulleres novas, comprometidas e loitadoras, que se erixen como o equipo revelación da Primeira Autonómica Feminina. Estas rapazas son un clara mostra de que o deporte, como moitos outros ámbitos, non é só masculino e as locais están a ser un gran exemplo de deportividade para toda a xuventude.
Así o explica a concelleira de Muller e Igualdade, e presenta as actividades programadas con este motivo:
🟣 Andaina: que se levou a cabo en colaboración coa asociación de camiñantes de Foz Os Sendeiros e a asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (BUMEI).
🟣 Concentración e lectura do manifesto: no que participará tamén alumnado do IES de Foz.
📆 24 de novembro
🕖 19:00h
📍 Praza do Concello
🟣 Curso Muller. Falemos claro, da UNED – Aula Univ. de Foz: con profesionais que abordarán diferentes temáticas dedicadas á muller.
📆 Do 11 ao 19 de decembro
🕕 De 18:00h a 20:30h
📍 Casa da Cultura
Información e matrícula:
💻foz@lugo.uned.es
📞982 133 699
📱604 034 549
🟣 Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas: monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A inscrición abrirase proximamente e poderase facer en Servizos Sociais ☎ 982133566.
📆 22 e 24 de xaneiro
🕓 De 16:00h a 20:00h
📍 IES de Foz