Pasadas as festas do Carme, volven as Noites. As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e o divertido Wipeout.
Todas as actividades comezan ás 22h. e a inscrición faise o primeiro día de cada actividade antes de empezar.
De 10 anos en adiante está convidados/as a participar das noites máis movidas do verán.
As ubicacións serán as de sempre, A Rapadoira e o Campo da Cabana, que se converten nun fervedoiro.
🏐 VOLEI PRAIA: 18/19/20 xullo
⚽ FÚTBOL PRAIA: 25/26/27 xullo
🧗♀️ WIPEOUT: 1/2/3 agosto
⚽ FÚTBOL SALA: 15/16/17 agosto
🏀 BALONCESTO: 22/23/24 agosto