Un ano máis o Concello de Foz súmase á conmemoración do movemento social LGTBI. Volvemos a vestir coas cores identitarias deste movemento os balcóns coas bandeiras multicolor en todos os edificios municipais.
Apoiamos de forma incondicional ás reivindicacións deste colectivo, a loita polos dereitos das persoas a vivir en liberdade segundo a súa orientación ou condición sexual, sen medo a represalias ou a ser discriminadas pola súa identidade de xénero.
Dende o noso Concello rexeitamos calquera discriminación por motivos de orientación sexual, abrazamos a diversidade, a tolerancia e a igualdade, fomentado dende a institución local a inclusión, o respecto á liberdade sexual das persoas LGTBI sen ser xulgadas ou sinaladas co dedo, promovendo a igualdade de dereitos e a dignidade das persoas LGTBI, fomentando a visibilidade e a sensibilización da poboación.