O litoral de Foz en estado natural constitúe un ecosistema de grande riqueza ecolóxica, elevada calidade ambiental e interese paisaxístico, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats (de importancia comunitaria), como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.

Foz posúe unha grande riqueza ambiental, destacando a súa ría e os seus ríos (Masma, Centiño, Ouro e Moucide). Existe un grande patrimonio etnográfico e cultural, constituíndo espazos de ocio fundamentais. Os ecosistemas acuáticos son elementos clave na biodiversidade do territorio, tanto pola súa grande incidencia espacial coma pola súa variada tipoloxía.

Mostra da importancia e riqueza ambiental do noso municipio son os seguintes distintivos outorgados:

  • Ría de Foz: integrada na Rede galega de espazos protexidos e declarada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluída na “Rede Natura 2000”, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Declarada tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
  • Río Masma: declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na “Rede Natura 2000”, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
  • Río Ouro: declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na “Rede Natura 2000”, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Os paseos creados a beiras das nosas praias, ría e ríos facilítanos gozar da riqueza paisaxística e ambiental destes elementos. Achegarnos á ría de Foz a través do Paseo de Malates ou camiñar polo ámbito do río Ouro son algúns dos recursos que ofrece o noso municipio.

Ría de Foz

A ría de Foz está formada pola desembocadura do río Masma, cercada polas praias de A Rapadoira (de Foz) e de Altar (de Barreiros). Conta coa presenza de xuncais de marisma e áreas de carrizais con grande riqueza ecolóxica e paisaxística.

Mostra da riqueza ecolóxica desta ría é a variedade de hábitats que nela atopamos entre outros:

  • Esteiros
  • Chairas lamacentas ou areentas non cubertas con marea baixa
  • Pasteiros salinos atlánticos (“Glauco-puccinellietalia maritimae”)
  • Matogueira halófila mediterránea e termoatlántica (“Sarcocornetea fruticosi”)
  • Lagoas eutróficas naturais con vexetación “Magnopotamion” ou “Hydrocharition”
  • Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas
  • Dunas móbiles embrionarias
  • Bosques aluviais de “Alnus glutinosa” e “Fraxinus excelsior” (“Alno-Padion”, “Alnion incanae” e “Salicion albae”)

A nosa ría acolle grande número de especies de aves acuáticas e mariñas, principalmente en inverno, cando miles de exemplares en tránsito poboan as súas augas. Os areais costeiros que complementan aos humedais, son sen dúbida un dos mellores lugares para a observación de diferentes especies de aves como o cormorán (“Phlacrocorax”), o garza pequena (“Ixobrychus minutus”), o ánade (“Anas platyrhynchos”), o ánade rabudo (“Anas acuta”), o mazarico real (“Numenius arquata”) e o mazarico louro (“Limosa lapponica”) -especies ameazadas-, a garza real (“Ardea cinerea”), o asubiador europeo (“Anas penelope”), a gaivota (“Larus”), o aguiacho lagunero occidental (“Circus aeruginosus”), a avefría (“Vanellus vanellus”), a agulla (“Limosa”), pirlo (“Calidris”), ou a avoceta (“Recurvirostra avosetta”). Entre as aves invernantes podemos ver o ganso de cara negra (“Branta bernicla”). Tamén atopamos o picapeixe (“Alcedo athis”) e o merlo acuático (“Cinclus cinclus”).

Especial mención podemos facer á parada invernal habitual dunha fracción significativa de poboación do cullereiro (“Platalea leucorodia”), de orixe holandesa, o que lle confire unha importancia internacional.

Entre os mamíferos podemos destacar a londra (“Lutra lutra”), o desmando (“Galemys pyrenaicus”) e o armiño (“Mustela erminea”). Tamén debemos nomear algúns dos invertebrados ameazados en Europa que acolle a nosa ría, como son o caracol (“Elona quimperiana”) ou o coleóptero (“Lucanus cervus”).

Con respecto á herpetofauna, entre outras especies, existen membros de pítega rabilonga (“Chioglossa lusitanica”), de píntega común (“Píntega píntega”), de lagarta da serra (“Iberolacerta monticola”) e de lagarto das silveiras (“Lacerta schreiberi”).

A súa fauna piscícola presenta unha notable importancia podendo atoparse 5 especies de peixes continentais autóctonos, entre os que destaca o salmón (“Salmo salar”). Tamén están presentes lamprea (“Petromyzon marinus”), a troita (“Salmo trutta trutta”) e a anguía (“Anguilla anguilla”).

Podemos gozar desta ría a través do Paseo de Malates e continuar ata o río Masma.Así mesmo, podemos contemplar a súa confluencia co mar sobre o Paseo de Laredo, que separa a praia de A Rapadoira da ría e onde se encontran os faros.Este Paseo fai honor a relación entre os pobos de Laredo e Foz, contraída pola pesca.

Debido a súa riqueza ecolóxica está integrada na Rede galega de espazos protexidos e declarada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluída na “Rede Natura 2000”, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC 1120011). Declarada tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA ES0000373).

Paseo de Laredo

Paseo de Laredo

Ría de Foz

Ría de Foz

Paseo de Laredo

Paseo de Laredo

Placa Paseo de Laredo

Placa Paseo de Laredo

Río Masma
O río Masma nace na Serra do Xistral, cunha cabeceira ampla e ramificada, así como un curso medio e baixo que se vai estreitando. No Masma conflúen pequenos ríos como o Batán, o Castelo, o de Costal, Rañeda, Polvoreiro, Baus, Valiñares, o Tronceda e o Fraga Vella, aumentando o seu caudal.

Desemboca na ría de Foz, formando antes o amplo val de Mondoñedo e, polo Leste, o de Lourenzá.

O seu percorrido é de 46 km, cunha pendente relativamente acusada, sobre todo no seu curso superior, dun carácter marcadamente torrencial.

O río Masma é coñecido pola súa pesca de salmóns, aínda que tamén se poden pescar outras especies como troitas, lampreas, reos e anguías.

Se desexa coñecer información sobre permisos de pesca e cotos, acceda á información da Xunta de Galicia.

Río Masma

Río Centiño

O río Centiño ten unha extensión de 11 km, que o leva dende a parroquia de San Martiño á súa desembocadura na ría de Foz.

Este río destacaba pola súa pesca de troita, non obstante actualmente atópase vedado.

Os numerosos muíños existentes na súa beira dende a parroquia de San Martiño ata o barrio de Vilaxoane, dan conta da importancia deste río para os veciños e veciñas en épocas anteriores.

Río Moucide (Alemparte)

O río Moucide ten unha extensión aproximada de 11 km, que comeza cun regueiro intermitente nas proximidades de Outeiro. Ao longo do seu traxecto bebe doutros regueiros que fan crecer o seu caudal que ten lixeiras ondulacións, sen crear acusados meandros.

O descenso na súa cabeceira é rápido pero despois transcorre por unha pendente máis suave.

Ao seu paso pola parroquia de Cangas, onde desemboca, toma o nome de río Alemparte, para morrer entre a Punta de Riosmar e os Castelos.

Río Moucide

 

Río Ouro

O río Ouro nace na Serra do Xistral e desemboca na parroquia de Fazouro, tendo un percorrido de 30 km polos que recibe achegas dos ríos Beloi, Vao e Ferreira.

Na súa parte alta predominan as augas claras e rápidas, despois esta auga vanse calmando e dan lugar a meandros, grandes táboas e pozas. As súas marxes están limitadas por acantilados de baixa altura e na súa desembocadura, na súa marxe dereita sitúase a praia da Pampillosa.

Entre a variedade de hábitats que existen neste río, atopamos:

  • Pasteiros salinos atlánticos (“Glauco-puccinellietalia maritimae“)
  • Matogueira halófila mediterránea e termoatlántica (“Sarcocornetea fruticosi“)
  • Bosques aluviais de “Alnus glutinosa” e “Fraxinus excelsior” (“Alno-Padion“, “Alnion incanae” e “Salicion albae“)

Neste río atopamos un couto onde se adoitan pescar troitas, reos, lampreas e anguías. A presenza de salmóns é moi reducida.

Entre os mamíferos que habitan no río Ouro atópanse en gran número, as londras (“Lutra lutra“) . Entre as aves que podemos observar están o ferreiriño subeliño (“Aegithalos caudatus“), o ouriolo (“Oriolus oriolus“) e o gabián (“Accipiter nisus“).

Tamén se di que antigamente se recollían deste río pebidas de ouro.

Podemos continuar o curso deste río dun xeito agradable a través dun paseo que nos leva ata a parroquia de Santo Acisclo Acisclo. Así tamén na desembocadura atoparemos unha área recreativa e un parque.

Se desexa coñecer información sobre permisos de pesca e cotos, acceda á información da Xunta de Galicia.Río Ouro

Paseos polo litoral

O municipio de Foz posúe diferentes paseos polo seu litoral para que todas as persoas poidan gozar das súas incribles paisaxes dun xeito tranquilo e saudable.

Así, podemos enumerar os paseos existentes na actualidade, e que seguirán aumentando nun breve espazo de tempo.

  • Paseo de Laredo
  • Paseo Rapadoira-Llas
  • Paseo Llas-Peizás (en construción)
  • Paseo de Malates
  • Paseo Río Ouro
  • Paseo de Cangas
    Paseo Río Ouro

    Paseo Río Ouro

    Paseo Cangas

    Paseo A Rapadoira-Llás

    Paseo A Rapadoira-Llás

    Paseo Malates

    Paseo Malates

Áreas recreativas

Se o que desexa é poder gozar dun agradable día apreciando os monumentos de Foz ou a súa natureza, aproveite para descansar e repoñer forzas nas diferentes áreas recreativas que pon á súa disposición o municipio de Foz.

Elixa o lugar entre:

  • Área recreativa do Obispo Santo (San Martiño)
  • Área recreativa da praia de A Rapadoira (Foz)
  • Área recreativa da praia de Llas (Foz)
  • Área recreativa da praia de Peizás (San Martiño)
  • Área recreativa da praia de A Pampillosa (Fazouro)
  • Área recreativa Río Ouro (Fazouro)
  • Área recreativa de Os Castros (Cangas)
  • Área recreativa do Sixto (Cordido)
  • Área recreativa da Basílica de San Martiño
  • Área recreativa de Ferreira Avella (San Martiño)
  • Área recreativa de Villacizal (Santa Cecilia)
  • Área recreativa de Malates (Vilaxoane – Foz)
  • Área recreativa de Fondás (Mañente – Villaronte)
    de Fondás (Mañente – Villaronte)

    de Fondás (Mañente – Villaronte)

    da praia de Llas

    da praia de Llas

    Río Ouro (Fazouro)

    Río Ouro (Fazouro)

    de Malates (Vilaxoane – Foz)

    de Malates (Vilaxoane – Foz)