C.E.I.P. Nº 1 DE FOZ

R/ Salvador de Madariaga s/n – 27780 Foz
Email:  ceip.numero1.foz@edu.xunta.es
Web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1foz/
Teléfono: 982 140 205

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

  • Educación especial
  • Educación infantil
  • Educación primaria

Instalacións:

  • O Centro educativo CEIP Nº1 conta para o alumnado máis pequerrecho con 3 aulas de infantil, con espazo de xogos e programas de TIC’s (con ordenadores, televisor,…). Así tamén conta cunha zona de recreo de area de xogos e un pequeno xardín.
  • Para o alumnado de Primaria conta con varias aulas específicas, con Rincón do Bo Lector e Biblioteca de Aula. Para o recreo conta cun espazo para eles/as.
  • O alumnado que teña dificultades no estudo ten á súa disposición unha Aula de Pedagoxía Terapéutica (PT) e unha Aula de Audición e Linguaxa (AL).
  • Outros espazos específicos son: Aula de Ingés, Aula de Música, Aula de Informática, Biblioteca (con zonas diferenciadas para infantil e adultos) e Salón de Actos. Así como ximnasio, pista deportiva cuberta e comedor.

Servizos:

  • Este centro conta con servizo de comedor xestionado e vixiado pola ANPA e supervisado polo Consello Escolar.
  • Conta tamén con diferentes actividades extraescolares, así como actuacións na Semana do Teatro, nas Letras Galegas e no Nadal.