PLANTACIÓNS FORESTAIS
Aquí explicamos as distancias a terras de cultivo, vivendas e instalacións que se deben gardar, segundo o tipo de plantación:
- FRONDOSAS (castaños, carballos,…) E CONÍFERAS E RESINOSAS (pinos, abetos,…):
- 10 metros a terreos rústicos de protección agropecuaria
- 10 metros a vivendas e instalacións
- 25 metros a industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas
- EUCALIPTOS:
- 10 metros a terreos rústicos de protección agropecuaria
- En ningún caso as ramas deben pasar o linde da parcela contigua
LIMPEZA DE FINCAS
Atendendo á Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia e demais Ordenanzas Municipais sobre a materia, deberanse ter en perfecto estado de salubridade, conservación e ornato público as fincas existentes neste Concello.
No caso de que unha finca non cumpra os requisitos anteriores, poden cubrir a seguinte instancia explicando a situación da finca e o estado da mesma.
PERMISOS DE QUEIMA
Para solicitar permiso de queima de monte e terras debes chamar ao: 902-112-000
Horarios de atención ó público en:
Distrito forestal Viveiro (Dirección: R/ Alonso Pérez s/n 27850 Tlf. 982 561 018):
Días laborais: | de 8:00 | a 20:00 |
Días non laborais: | de 8:00 | a 14:00 |
No Concello de Foz:
Lunes y Viernes | de 10:00 | a 11:00 |