Axudas de emerxencia social
Axudas económicas de carácter extraordinario e de pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Requisitos:
- Ser maior de idade
- Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
- Non dispoñer de ingresos suficientes para afronta-los gastos derivados da situación de emerxencia (ingresos non superiores ao 125% do importe do subsidio básico máis o complemento familiar da RISGA que lle correspondería)
- En ningún caso se poderá conceder máis dunha axuda para situación de emerxencia social por unidade de convivencia ao ano.
Axuda municipal de fomento da natalidade
Axudas económicas municipais para fomento da natalidade de 300 euros polo primeiro fillo, 400 euros polo segundo e 500 polo terceiro e sucesivos.
Requisitos:
- Que un dos país biolóxicos, adoptivos ou acolledores preadoptvios estea empadroado no Concello de Foz e con residencia habitual no termo municipal, con doce de meses de antelación ao nacemento, adopción ou preadopción.
- Que a solicitude se formule no prazo de dous meses naturais seguintes ao acontecemento.
- Que a renda per cápita familiar sexa igual ou inferior ao 1,5 do IPREM
Programa Xantar na Casa
Servizo de Comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade ás persoas maiores ou dependentes con déficits de autonomía persoal, adaptada ás súas necesidades.
Os obxectivos específicos son:
- Proporcionar ás persoas beneficiarias unha alimentación de calidade e nutritiva, atendendo os casos de xeito individualizado e profesionalizado.
- Evitar o deterioro da calidade de vida das persoas beneficiarias por teren unha dieta inadecuada.
- Previr situacións de risco que se poidan producir no proceso de preparación e elaboración da comida.
- Facilitar un respiro ás familias e aos coidadores e impulsar medidas de apoio á conciliación da vida familiar e laboral.
- Facer un seguimento individualizado de cada situación por parte dos profesionais que interveñen no servizo.
O servizo é financiado a través dun copago pola persoa usuaria (26,67%), Concello de Foz (26,67%) e Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (46,66%)
Poderán ser beneficiarias do programa “Xantar na Casa” as seguintes persoas:
- Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que puidese suplir tal situación.
- Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos.
- Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais e sempre que se estea intervindo desde outro programa para resolver a súa situación de exclusi
Requisitos:
- Residir e estar empadroado/a no Concello de Foz.
- Presentar unha situación de dificultade para desenvolver axeitadamente o proceso de compra, preparación e elaboración de comidas.
- Carecer de posibilidades persoais e familiares para cubrir axeitadamente esa necesidade.
- Dispoñer no domicilio de microondas e frigorífico que se adapte ás necesidades do servizo.
Banco de Alimentos Municipal
O Banco de Alimentos Municipal garante produtos de primeira necesidade a persoas e familias en situación de exclusión social. Atendido por voluntarios e persoal municipal, o Banco de Alimentos está situado na planta baixa do edificio de Asuntos Sociais. Os principais artigos que se poden atopar no Banco de Alimentos Municipal son:
- Alimentos non perecedeiros
- Alimentos perecedeiros. O Banco de Alimentos conta, entre outros, con froitas e verduras de tempada para as persoas usuarias do mesmo.
- Produtos de limpeza e hixiene
Co Banco de Alimentos Municipal colaboran veciñas e veciños voluntarios que axudan na clasificación e distribución dos alimentos, a organización sen ánimo de lucro Banco de Alimentos de Lugo, os establecementos locais Alimerka e Mercadona e tamén distintas asociacións e particulares con distintas campañas de doazón.
Consultas ou inscripcións, debes acudir ao Edificio de Asuntos Sociais ou no teléfono 982.133.566
Roupeiro Municipal
O Roupeiro Municipal garante prendas de vestir e roupa de abrigo de segundo uso a persoas e familias en situación de exclusión social. Atendido por voluntarios e persoal municipal, o Roupeiro Municipal nútrese de doazóns de numerosos particulares e, segundo os artigos dispoñibles, tamén se xestionan cadeiras de rodas, carriños de bebés e outros enseres. Está situado na entreplanta do número 54 da Avda Álvaro Culqueiro. Debes achegarte con cita previa, teléfono 982.133.566