𝗜 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗗𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗔𝗕𝗔𝗡𝗘𝗔 – 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗱𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗲 𝗺𝗼𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼

Xul 21, 2023 | Axenda, Axenda Cultura, Foz ao día

🔛 O vindeiro mércores 26 poderemos gozar en Foz do 𝗜 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗗𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗔𝗕𝗔𝗡𝗘𝗔 – 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗱𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗲 𝗺𝗼𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼.
 
Teremos dous obradoiros:
 
👯‍♀️Discoteca de Señoras. Sesión Vermout impartido por Marta Alonso Tejada. Obradoiro-espectáculo.
 
Duración: 90 minutos-Aforo máximo: 20 persoas.
Destinatarias: Dirixida a todas aquelas persoas que se pregunten o seguinte:
Que é unha Señora? Onde bailamos as Señoras?
A medida que cumprimos anos, cales son/queremos que sexan os nosos espazos para seguir bailando? Onde podo ir a morrer bailando?
 
Actividade en formato espectáculo-obradoiro dirixida por Marta Alonso onde se entra en contacto co movemento desde un punto de vista lúdico e social. Esta actividade leva o nome de Discoteca de Señoras e permite a práctica saudable do movemento, entendida como baile social, de ocio, etc. Desenvólvese combinando o formato dun taller de danza con estrutura de discoteca, deixando espazo á liberdade que caracteriza a todo dance floor.
 
🕧 12:30h
📍 Sala Bahía
 
👯‍♀️ Obradoiro de Danza impartido por Alejandra (Público familiar)
Duración: 60 minutos. Destinatarias: Nenas e nenos ata 12 anos acompañados por 1 ou 2 adultos cada un. Aforo máximo: 15 nenos e nenas + acompañante. Equipamento: roupa cómoda e auga.
 
🕕18:00h
📍 Sala Bahía
 
E para rematar o día:
 
🌟 Espectáculo de Danza de rúa:
Daniel Rodríguez con “A raíz de” (Madrid – Galicia) -Furia Sotelo con “Vestirme de ti “ (Galicia) -Cía Sandra Macià con “Human 21” (Catalunya). Red Acieloabierto. –
 
“Pista de baile” para o público asistente con Marta Alonso Tejada e Paula Quintas.
Duración: 30 minutos Destinatarias: Público asistente ás funcións.
 
Descrición: En relación coa Discoteca de Señoras, ao finalizar a programación remata cun fin de festa en cada localidade. As participantes da Discoteca de Señora sairán ao espazo escénico guiadas por Marta Alonso e Alejandra Balboa para continuar co movemento nos seus corpos a modo de verbena e co obxectivo de contaxiar a todas as espectadoras, e levar así o baile e a danza á súa casa, coa satisfacción de terse movido durante unha boa experiencia escénica relacionada coa danza.
 
🕣 20:30h
📍 Praza Conde de Fontao (En caso de choiva CEIP Nº1)
 
 
✍ Inscríbete no departamento de cultura:
☎ 982140027 – Ext 3
📧 cultura@concellodefoz.es